Drive logo

Explora as funcións de almacenamento de Drive

O teu contido ao teu xeito: funcións de Drive

 

O teu almacenamento funciona con Drive, Gmail e Google Fotos, polo que podes almacenar ficheiros, gardar anexos de correos electrónicos e facer a copia de seguranza de fotos directamente en Drive. Tamén podes comprar un plan de almacenamento superior na nube se o precisas.

Logotipo de 15 GB de almacenamento de Google Drive gratuítos

Fotos, vídeos, presentacións, PDF e mesmo ficheiros de Microsoft Office. Non importa o tipo de ficheiro, podes gardar de todo en Drive de forma segura.

Lista de tipos de ficheiros de Google Drive, incluídos documentos, imaxes e música

Os ficheiros en Drive son privados ata que decidas compartilos. Podes invitar outros usuarios de forma rápida para que vexan, comenten e editen todos os ficheiros ou cartafoles que elixas. É a maneira máis sinxela de colaborar en liña.

Opcións de privacidade e uso compartido de Google Drive

A seguranza dos teus ficheiros é moi importante, por iso os que están almacenados en Drive seguen estando a salvo independentemente do que lle pase ao teu smartphone, tableta ou ordenador. Drive está encriptado co protocolo de seguranza SSL, o mesmo que se utiliza en Gmail e noutros servizos de Google.

Bloqueo de seguranza de Google Drive

Deseñado para traballar con Google

 
O anexo de foto de Gmail gárdase na unidade cun só clic

Pasa o rato por enriba dun anexo en Gmail e busca o logotipo de Drive. Desde aí, podes gardar os anexos en Drive para organizarlos e compartilos nun único lugar seguro.

O anexo de foto de Gmail gárdase na unidade cun só clic

Drive pode recoñecer obxectos nas túas imaxes e texto nos documentos escaneados. Desta maneira, se realizas unha busca como "Torre Eiffel", obterás os documentos de texto que conteñan esas palabras, así como as imaxes da propia Torre Eiffel.

Foto da costa de Oregón almacenada en Google Drive e compartida en Google+

Almacena as túas fotos en Drive e mira como cobran vida con Google Fotos. Consigue ese acabado profesional sen esforzo e crea animacións, películas e moito máis.

Datos de Google Drive en Chromebooks

Google Drive está integrado en Chromebooks, polo que se realizan copias de seguranza dos teus ficheiros e fotos automaticamente. Obterás 100 GB de almacenamento gratuíto durante dous anos coa maioría dos novos Chromebooks.

 

Traballa de maneira máis intelixente con aplicacións

 

Crea e colabora cos demais. Comparte documentos e ficheiros, crea follas de cálculo e prepara unha presentación nun instante coas nosas aplicacións de Documentos, Follas de cálculo e Presentacións .

Google Drive, Documentos, Follas de cálculo e Presentacións están dispoñibles para compartir con outros usuarios

Formularios de Google permíteche realizar unha enquisa ou crear unha lista dos xogadores dun equipo rapidamente cun simple formulario en liña. Despois comproba os resultados, perfectamente organizados nunha folla de cálculo.

Exemplo de Formularios de Google en Google Drive

Con Debuxos de Google podes deseñar diagramas ou crear fluxogramas e engadilos facilmente a outros documentos ou inserilos nun sitio web.

Icona de Debuxos de Google

Edita a túa foto de perfil, deseña un xardín, crea un diagrama de ideas e moito máis. As máis de 100 aplicacións de Drive poden axudarche a facer máis cousas co teu material. Próbaas instalando unha desde a colección de Drive en Chrome Web Store.

Máis de 100 aplicacións de Google Drive dispoñibles

Chega máis lonxe con Drive

 
Exemplo de como se gardan documentos en Drive mediante unha foto sacada cun teléfono Android

Escanea todos os teus documentos en papel con Drive para Android. Só tes que facer unha foto dos documentos (por exemplo, recibos, cartas e facturas) e Drive gardaraos ao instante como documentos PDF.

Google Drive sen conexión ou en liña

Se permites que os ficheiros estean dispoñibles sen conexión, poderás velos cando o teu teléfono ou tableta perda o acceso á rede, como ocorre nos avións ou cando hai mala cobertura nun edificio.

Exemplo do historial de revisións de ficheiros de Google Drive

Podes retroceder ata 30 días coa maioría dos tipos de ficheiros, o que che permitirá consultar con facilidade quen realizou cambios e volver a versións anteriores. Así, controlar as versións dos ficheiros é moi fácil.