Drive file types icons

Almacena o que queiras

Drive ofréceche de entrada 15 GB de almacenamento gratuíto en liña. Poderás gardar todo o que queiras: fotos, historias, deseños, debuxos, gravacións, vídeos, etc.

Files on Google Drive displayed on multiple devices

Accede ás túas cousas desde calquera lugar

Podes acceder aos ficheiros que almacenes en Drive desde calquera smartphone, tableta ou ordenador. Deste xeito, os teus ficheiros acompáñante onde queira que vaias.

Share files on Drive with your friends

Comparte ficheiros e cartafoles

Podes invitar outras persoas de forma rápida para que vexan, descarguen ou colaboren en todos os ficheiros que ti queiras, sen necesidade de envialos como anexos de correo electrónico.